x
g d
Xornal
GALDEPORTE
20 de Novembro de 2013
Esta fin de semana, as instalacións do INEF de Bastiagueiro acolleron o XXIX Trofeo Cidade da Coruña, Memorial Eduardo Ramírez, no cal participaron 300 nadadores e nadadoras de diferentes categorías.
Marcos García, do Natación Ferrol, foi quizais unha das figuras destacadas do campionato, ao vencer nos 100 libres (cunha marca de 50.76), nos 50 bolboreta (con 24.39) e nos100 bolboreta.
Mais, alén de Marcos García, encontramos outros dous protagonistas da proba: Irene Fernández Pardo (do CN Ponteareas) e Tomás Manso Fraga (Club Marina de Ferrol), pois bateron dous records galegos.
Había 12 anos que non se batía a mellor marca galega nos 100 bolboreta femininos. Porén, Irene Fernández logrou pulverizalo cun rexistro de 1:11.74. Pola súa parte, Tomás Manso superou a mellor marca anterior (producida hai 14 anos) nos 200 bolboreta cun tempo de 2:13.47.
Dous novos records galegos en natación
