x
g d
Xornal
GALDEPORTE
A identidade é o trazo que máis e mellor caracteriza a calquera ser humano ou entidade. Xornal Galdeporte non pretende ser unha excepción a esta regra, e por iso busca ser un sitio diferente, atrevido, dinámico; unha publicación co seu propio selo identitario. Nacemos con ilusión, coa esperanza de que facer prensa deportiva en lingua galega é posible. E é que Galdeporte é, ante todo e sobre todo, un xornal feito desde Galiza e orientado cara a un público galego. Intentaremos, por iso, non perder de vista as fazañas nin a evolución dos diferentes deportistas ou clubes deportivos do noso territorio, sen por iso descoidar a actualidade producida fóra do país.
Xornal Galedeporte constitúese como unha publicación deportiva dixital de carácter diario e xeneralista, orientada cara ás posibles inclinacións dun (esperemos) variado público lector. Con todo, tamén advertimos das nosas limitacións, e talvez non sempre cubramos noticias que sexan do interese de parte dos nosos receptores, mais daremos o cento por cento de nós para isto ocorra en poucas ocasións.
Preséntamonos ao mundo, por tanto, con ganas de comezar unha longa viaxe polos roteiros da comunicación e da información deportiva. Xa estamos nas nosas marcas para comezar a carreira. Queres acompañarnos?
Presentación
