x
g d
Xornal
GALDEPORTE
Como adiantamos na páxina relativa á presentación, en Xornal Galdeporte estamos convencidos de que facer prensa deportiva en lingua galega é posible. Facémolo, iso si, con humildade, recoñecendo que non somos os primeiros en facelo, e esperemos tampouco ser os derradeiros. Contamos con algúns antecedentes, entre os cales encontramos publicacións de referencia nadas no ano 2012 como a revista Zona Press (dedicada en exclusiva ao baloncesto), a web Galiciclismo.com ou, xa neste 2013, a páxina Táboas.org (referente ao fútbol, baloncesto, fútbol sala, balonmán, taekwondo, tríatlon e hóckey sobre patíns). Non obstante, nós quixemos ir un chisco máis alá, e por iso creamos o (até onde coñecemos) primeiro diario deportivo de Galiza de carácter amplo e xeneralista e expresado en lingua galega. É certo que se trata dunha tentiva moi ambiciosa, mais podemos dicir que a sorte é para os que arriscan.
O noso compromiso coa lingua galega empúrranos cara á conquista de novos espazos, á procura de novas dimensións. Porque deporte e lingua non son dous conceptos inasociables, traballaremos cada día para achegarche un variado abano de informacións deportivas expresadas no idioma de Galiza. Que ti os recibas con interese, será a nosa meta.
O xornal deportivo en lingua galega
