x
g d
Xornal
GALDEPORTE
5 de Decembro de 2013
O presidente do Sevilla FC, José María del Nido, coñecido igualmente por ser o avogado dos ex alcaldes de Marbella Jesús Gil e Julián Muñoz, foi condenado a sete anos de prisión polo Tribunal Supremo, tal e como informa a axencia Reuters.
Del Nido xa fora condenado en Decembro de 2011 pola Audiencia Provincial de Málaga en base ao cobro ilegal de 79 minutas non axeitadas ao Concello de Marbella valoradas en 2’86 millóns de euros mais, por apelación do acusado e da fiscalía (que pedía dous anos máis de prisión) a sentenza tivo que ser ratificada polo Tribunal Supremo.
Sete anos de prisión para Del Nido
