x
g d
Xornal
GALDEPORTE
17 de Novembro de 2013
A República Checa vén de revalidar o seu título de campión da Copa Davis, ao derrotar no total por 2 a 3 a Serbia no Belgrado Arena.
Despois do encontro de dobres, a final quedaba 1 a 2 para os actuais campións. No entanto, esta tarde Novak Djokovic igualaba a 2 o resultado ao vencer a Tomas Berdych por 6-4, 7-6, 6-2.
Dadas as circunstancias, toda a responsabilidade recaía en Radek Stepanek e Dejan Lajovic, protagonistas do encontro definitivo. Porén, ao serbio, de 23 anos e con escasa experiencia en encontros deste calibre, púidolle a presión. Stepanek, que xa na edición do ano pasado vencera no quinto encontro a Nicolás Almagro, non tivo dificultades para se desfacer do seu rival por 6-3, 6-1 e 6-1.
Desta forma, a República Checa logra a súa terceira Copa Davis, se incluímos a conquistada por Checoslovaquia no ano 1980.
A República Checa leva a Copa Davis

Radek Stepanek