top of page

                                                                                                                                                                                                                 26 de Novembro de 2013

 

A Universidade da Coruña, no marco da Semana do Deporte (a cal se celebrará entre os días 1 e 5 do mes vindeiro) outorgará, un ano máis, o Premido do Deporte da UDC. Se o ano pasado recaeu esta distinción nas regatistas e medallistas olímpicas Sofía Toro e Tamara Echegoyen, nesta ocasión o premio troca o mar pola terra, pois irá parar ás mans do Club de Rugby de Arqutectura Técnica (CRAT), en recoñecemento á súa traxectoria. E é que o CRAT posúe no seu palmarés, entre outros títulos, 6 campionatos de Liga en Primeira Nacional Grupo A, 3 campionatos da Primeira División da Liga Galega e 7 títulos da Copa Xunta en categoría masculina; e 4 campionatos da Liga Galega e 3 títulos de Copa Xunta na feminina.

 

Nun momento en que a Federación Galega de Rugby, con Norman Maxwell á cabeza, está a potenciar este deporte no noso país, a concesión deste galardón non podía ser máis oportuna. Longa vida ao CRAT e ao rugby galego! Moitos anos de éxitos!

A UDC galardoará ao CRAT

bottom of page