x
g d
Xornal
GALDEPORTE
5 de Novembro de 2013
Segundo informa hoxe Diario As, a Asociación de Clubes de Baloncesto (ACB) podería estar a estudar, a petición dos clubes, un cambio na Liga Endesa. O motivo radica na caída das audiencias televisivas nos últimos anos referente aos encontros desta competición.
De todos os modos, non transcencendeu de que maneira se ía producir o dito cambio. Eliminar os play-offs, eleminar a Copa do Rei, aumentar o número de encontros,... A mudanza, de se producir, aínda é unha incógnita. Hoxe, reunirase o Comité Executivo da ACB para decidir sobre o tema