x
g d
Xornal
GALDEPORTE
11 de Novembro de 2013
Como fixemos o luns pasado, centrarémonos no que deu de si a ACB (alén do partido do Obradoiro) e a NBA nesta fin de semana.
ACB:
Moitos son os protagonistas que deixou esta fin de semana a ACB. Porén, se temos que escoller dous, sen dúbida optariamos por Justin Doellman, que foi o MVP, e Felipe Reyes, autor da xogada da semana. O andaluz participou na esmagadora vitoria do seu equipo, o Real Madrid, ante o Manresa (111-63). Toda unha exhibición dos de Pablo Laso que (liderados por Mirotic, Rodríguez e Llul) finalizaron o encontro con 158 puntos de valoración global. Sobre a bucina que marcaba a fin do segundo cuarto, Felipe Reyes anotou unha tripla de costas, a cal podemos ver no vídeo.
Tampouco perdoaron os inmediatos perseguidores dos madridistas. Onte, o Barcelona derrotou por 87 a 71 ao CB Canarias. Os lacais basearon a vitoria no labor dos xogadores interiores, especialmente Ante Tomic e Joe Dorsey. Pola súa parte, o Gran Canaria venceu a domicilio ao Estudiantes (63-75).
Falábamos antes de Doellman, mais non mencionamos ao seu equipo, o Valencia Basket. Os taronja está a realizar un inicio de campaña espectacular, e onte confirmárono. A vítima, o CAI Zaragoza, que caeu na Fonteta por 20 puntos (96 a 76).
Non podiamos esquecernos do Unicaja de Fran Vázquez. O club malagueño superou ao Murcia por 81 a 72. O chantadino contribuíu á vitoria con 7 puntos, 4 rebotes e 4 tapóns.
O resto da xornada presentou estes marcadores: CB Cajasol Sevilla 74-Fuenlabrada 60, Guipúzkoa Basket 83-Bilbao Basket 71 e Valladolid 58-Baskonia 87.
NBA:
Na NBA, os Timberwolves superaron onte aos Lakers por 90 a 104 e continúan o co seu bo momento de forma. Ricky Rubio fixou un gran partido, que culminou cun triplo-dobre (12 puntos, 10 rebotes, 14 asistencias). Os de Minesota non vencían no Staples Center desde 2007.
Kevin Durant segue en racha, diso non hai dúbida. Onte contribuíu con 33 puntos, 13 rebotes e 6 asistencias á vitoria dos Oklahoma Thunders sobre os Washington Wizards (106-105).
Por outra parte, asistimos á chosca do San Antonio Spurs ante os Knicks de Nova York por 89 a 120. Un gran Danny Green anotou 24 puntos e caputou 10 rebotes.
Finalmente, os Phoenix Suns superaron aos New Orleans Pelicans por 101 a 94.