x
g d
Xornal
GALDEPORTE
4 de Novembro de 2014
Hoxe é luns, día ideal para coñecer que nos depararon esta fin de semana as dúas mellores ligas de baloncesto do mundo, a ACB e a NBA. Comecemos pola liga española.
ACB:
Alén da vitoria do Obradorio, repasaremos a seguir a actualidade da ACB, que esta fin semana presentou 6 vitorias locais por 4 visitantes. Entre elas, é de destacar a malleira que o Valencia Basket lle propinou ao CB Valladolid na Fonteta (108-57). Excepcional partido dos valencianos, no cal o equipo brillou con luz propia, con 160 puntos de valoración xeral. Os puntos de anotación estiveron moi repartidos, e até sete xogadores taronja subruron dos 10.
Tampouco tivo opción o Bilbao Basket ante un Real Madrid moi sólido liderado por Felipe Reyes (10 puntos, 12 rebotes, 23 de valoración). Os madridistas venceron o choque por 92 a 75, e non notaron a baixa dun dos seus xogadores estrela: Rudy Fernández.
Máis apuros pasou o FC Barcelona para derrotar na casa ao Guipúzkoa (81 a 74). O encontro decidiuse nos minutos finais, e cau do lado culé en parte grazas ás boas actuacións de Marcelinho Huertas (21 puntos, 3 asistencias e 23 de valoración) e Ante Tomic (14 puntos, 7 rebotes e 21 de valoración).
A sorpresa saltou en Sevilla, onde o Cajasol venceu a un dos favoritos ao título, o Baskonia, se estrolou ante os de Aíto García Reneses, que liderados por Scott Bramforth (20 puntos, 4 rebotes e 4 asistencias para 21 de valoración) lograron frear aos baskonistas cun contundente 82 a 62.
Vitoria axustada para o Unicaja de Fran Vázquez ante o Joventut en Badalona (63-65). O galego logrou un dobre-dobre (11 puntos, 12 rebotes e 26 de valoración) e foi o xogador máis descado do partido.
No resto da xornada, o Estudiantes caeu ante o Murcia (69-77), o CAI Zaragoza derrotou con solvencia ao CB Manresa (89-52) e o derbi canario entre o Gran Canaria e o CB Canarias saldouse con vitoria local (79-61)
NBA:
Na NBA, os Lakers recuperan sensacións, e derrotan aos Atlanta Hawks por 105 a 103 mercé a dous tiros libros anotados polo catalán Pau Gasol a falta de 6 segundos para o final.
Pola súa parte, vivimos esta fin de semana o regreso ás canchas de Russell Westbrook, xogador que foi determinante para a vitoria do seu equipo, os Oklahoma Thunders, ante os Phoenix Suns (103 a 96).
Nin os Indiana Pacers, nin os Houston Rockets nin os Minnesota Timberwolves coñecen a derrota neste tramo inicial da NBA. Liderados por Kevin Love (35 puntos, 15 rebotes e 5 asistencias) os Wolves gañaron en Nova York ante o Knicks (100 a 109).
No resto da xornada, encontramos a vitoria dos Detroit Pistons ante o Boston Celtics (87-77), a malleira dos Orlando Magic aos Nets (107-86) e o triunfo dos Miami Heat que, coas achegas ofensivas de LeBron James (25 puntos) e Chris Bosh (24), lograron imporse sobre os Washinton Wizards (103-93)