x
g d
Xornal
GALDEPORTE
29 de Novembro de 2013
Segundo informa a axencia de noticias italiana ANSA, Adriano Galliani deixará o seu posto de vicepresidente e conselleiro xeral da AC Milán. Farao o día 11 de Decembro, despois do encontro que o seu equipo disputará en Amsterdam ante o Ajax.
Detrás da decisión de Galliani poderían estar as desavinzas que estaba manter nos últimos tempos co presidente Silvio Berlusconi, motivados principalmente pola inclusión na xunta directiva de Barbara Berlusconi, filla do propietario do club en Abril de 2011.
Os tira e puxa de Barbara Berlusconi con Galliani eran unha constante nos últimos tempos, e incluso despois da derrota ante o FC Barcelona (o 5 de Novembro) a filla de “Il Cavaliere” pediulle ao seu pai un cambio na filosofía de traballo do club.
Galliani non concordaba demasiado con ela, e a guerra aberta entre ambos xa existía desde o pasado ano, radicada principalmente no feito de que a moza, en Xaneiro de 2012, botou por terra a fichaxe de Aleixandre Pato polo Paris Saint Germain, cifrada en 35 millóns de euros para o club en concepto de traspaso e en 6 anuais para o xogador. Pato, por daquela namorado de Barbara, acabaría tornando ao Brasil unha vez rompeu a parella, de modo que actualmente milita no Corinthians.
O ex árbitro internacional, Marcelo Nicchi, lamentou para ANSA a marcha de Galliani, e declarou que “a súa relación con nós, os árbitros, era normal e pacífica”. Pola súa parte, á mesma axencia, Giancarlo Abete, presidente da FIGC (Federatione Italiana Guoco Calcio) advertiu que a dimisión de Galliani “traerá consecuencias”, xa que supón o punto e final a unha longa carreira de éxitos, de modo que vaticina que talvez a súa decisión teña os mesmo efectos para a AC Milán que padeceu o Inter de Milán após a de Massimo Moratti.
Adeus a Galliani
