x
g d
Xornal
GALDEPORTE
1 de Novembro de 2013
Comunicábao onte o parte médico do club. Unha resonancia magnética confirmou o diagnóstico inicial. O lateral esquerdo Jon Aurtenetxe padece unha escordadura de sindesmose do nocello dereito, pola cal os servicios médicos celtiñas estiman que estará de baixa durante un período establecido de dúas ou tres semanas. Probablemente, este feito trastoque lixeiramente os palns do técnico celeste, Luis Enrique, quen contaba co de Amorebieta como titular nas últimas xornadas.
A lesión de Aurtenetxe coincide coa alta de Bellvís, quen podería reaparecer tras a súa lesión consistente nunha fractura-afundimento do arco zigomático malar dereito. Porén, debido ao longo período de inactividade, o valenciano talvez necesite recuperar o ritmo de competición.
O técnico asturiano aínda tería unha segunda opción, Toni, quen comezou a temporada como fixo no ince inicial mais que, pouco a pouco, acabou sendo un habitual do banco debido ao baixo rendemento mostrado no tramo inicial da liga. No entanto, quizais agora teña unha nova oprtunidade para emendar os seus erros...
A lesión de Aurtenetxe, un problema para Luis Enrique?
