x
g d
Xornal
GALDEPORTE
4 de Novembro de 2013
Damien Perquis, xogador do Betis, deu esta fin de semana o susto da xornada ao ficar inconsciente despois dun choque cun futbolista do Málaga, polo cal tivo que ser trasladado de urxencia ao hospital máis próximo. Onte. sóubose que o francés, alén de sufrir un traumatismo encefálico, padeceu unha dupla rutura na face, pola cal tivo que ser operado.
Hoxe, o xefe dos servizos médicos do club sevillano, informou que Perquis estará un mínimo de catro semanas sen adestrar, xa que non poderá abrir a boca en cincuenta días, feito que provocará previsiblemente unha considerable perda de quilos por parte do xogador.
No vídeo que extractamos abaixo reprodúcese o momento da súa lesión