top of page

14 de Novembro de 2013

 

Favorito para moitos para a consecución do Balón de Ouro, o francés do Bayern de Múnic Franck Ribéry deu toda unha mostra de autoestima en declaracións ao diario galo L’Équipe.

 

O mediocampista dos bleus considérase o mellor xogador de fútbol do planeta, e dá por feito que vencerá na carreira polo Balón de Ouro, até o punto de que xa lle buscou ao trofeo sitio na súa casa. Colocarao debaixo da cheminea, no salón, lugar suxerido pola esposa do futbolista, a cal confía acerrimamente en que o éxito do seu marido está garantido. El, en cambio, asegura que non quere pensar moito no asunto, aínda que recoñece que no Bayern de Múnic todos coinciden co parecer da súa parella.

 

Aos seus 30 anos, Ribéry atravesa por un dos seus mellores momentos profesionais. Campión de case todos os títulos posibles a nivel de clubs, converteuse na estrela e no capitán da selección francesa. Un gran xogador, sen dúbida. Veremos se a FIFA e France Football coinciden co criterio da súa muller e dos seus compañeiros.

“Antes eu era bo, agora son o mellor”

Ribéry

bottom of page