x
g d
Xornal
GALDEPORTE
15 de Novembro de 2013
No día de hoxe, na cidade de Johannesburgo (Sudáfrica), John Fahey despídese da AMA para lle deixar o seu lugar ao novo presidente electo, Craig Reedie. Fahey mostrou o pasado día 12 a súa preocupación polos casos de dopaxe en determinados Estados. Por iso, este día foi aprobado o novo Código Mundial Antidopaxe polo Consello da Axencia Mundial Antidopaxe, o cal entrará en vigor a partir do ano 2015.
Desde agora, unha sanción por dopaxe terá unha duración de 4 anos, a non ser que se demostre que o/ a deportista non tivese intencionalidade de consumir substancias que melloren os seu rendemento, pois nestes casos se reduce a 2.
Igualmente, o entorno do deportista pasará a ser especialmente vixiado, e faranse máis controis nos países “sospeitosos” que vaian máis alá das análises de sangue e de ouriños. Finalmente, entre outros aspectos, incrementarase a protección sobre os deportistas menores de idade.
Aprobado o novo Código Mundial Antidopaxe
