x
g d
Xornal
GALDEPORTE
4 de Decembro de 2013
A carreira inglesa de Iago Aspas non saíu como se esperaba en Galiza. O dianteiro moañés non exhibiu no Liverpool o nivel co que nos deleitou no Celta, e aínda por riba tivo a mala sorte de se lesionar a mediados de Outubro durante unha sesión de adestramento.
Parece que Brendan Rodgers non conta co dianteiro galego, polo menos para esta temporada, polo que parece bastante claro que o futuro do dianteiro galego se sitúa lonxe de Anfield Road. Tanto o Valencia como o Betis (segundo informa Canal Sur) estarían interesados, porén, na súa incorporación en calidade de cedido.
Aspas, pola súa parte, non se pronunciou ao respecto. O moañés está centrado na súa recuperación, física e futbolística.
Iago Aspas podería marchar cedido
