top of page

                                                                                                                                                                                                                 30 de Novembro de 2013

 

O Azkar Lugo logrou esta tarde un importante triunfo no Pavillón Municipal de Lugo ante o Gran Canaria, pechacancelas da clasificación, que lle permite tomar unha vantaxe de 8 puntos co derradeiro posto, o do descenso.

 

Os primeiros minutos foron para os galegos, que con insistencia procuraban a meta rival. Non obstante, serían os visitantes os que inaugurarían o marcador por mediación de Juanpe. Porén, antes do descanso o Azkar tomaría dianteira, grazas aos goles de Chano producidos nos minutos 16 e 20.

 

Os visitantes botáronse á desesperada ao inicio do segundo tempo, onde xa utilizaban a táctica do porteiro xogador. Mais pouco resultado lle deu, xa que no minuto 31 era Cuco quen puña o 3 a 1. Catro minutos despois, os canarios acurtaban diferenzas mediante un gol fantasma de Lincon.

 

O resultado estaba apertado, e o Gran Canaria chegaba vivo aos cinco últimos minutos. Mais, entón, apareceu Iago Rodríguez. O lugués no último minuto marcaría os dous tantos da tranquilidade e, entre medias, aínda tivo tempo de mandar un balón ao pau. Gran actuación do galego que, como o conxunto do equipo, realizou un bo partido.

O Azkar Lugo agranda distancias

Iago Rodríguez

bottom of page