x
g d
Xornal
GALDEPORTE
7 de Xaneiro de 2014
A selección galega masculina cadete de balonmán acariñaba a posibilidade da medalla de bronce. Despois da boa imaxe ofrecida nas semifinais do Campionato de España Asturias 2014, nas cales o conxunto galego realizou un magnífico encontro malia a derrota ante Andalucía por 35 a 28, Galiza contaba aínda esta mañá cunha oportunidade para voltar á casa cunha medalla. Para iso, a selección debía superar a Euskadi no encontro polo terceiro e cuarto posto.
Galiza quería demostrar a súa valía, e os xogadores saíron moi concentrados, se ben un parcial de 13 a 5 favorable aos vascos producido nos derradeiros 16 minutos da primeira parte provocase que, ao descanso, o marcador reflectise 19 a 10 a favor de Euskadi.
Mais estaba claro que a selección galega non ía deixar que a asoballasen. Cun parcial de 8 a 14 nos primeiros trece minutos da segunda metade, o resultado púñase en 27 a 24 e, no minuto 56, era de 32 a 30. Liderados en ataque por Nico Nantes (8 goles) e David Iglesias (7 tantos), os nosos estaban a realizar un excepcional segundo tempo. Non obstante, os nosos pagaron o esforzo e, ao final do choque, o encontro quedaba en 39 a 33.
Con todo, non podemos negar o valor deste cuarto posto da selección cadete de balonmán no Campionato de España, sobre todo tendo en conta a capacidade de esforzo e a calidade demostradas polos adestrados por Emilio Pintos.
O balonmán, ás portas da medalla
