top of page

                                                                                                                                                                                                                   1 de Novembro de 2013

 

Non puido ser. O FC Barcelona exhibiu todo o seu potencial, e o CP Cerceda apañou a súa segunda derrota da temporada na OK Liga no Palau Blaugrana.

 

O encontro non puido comezar peor par aos visitantes. Ao pouco do seu comezo, Joan Grasas erraba un penalti e, aos tres minutos de xogo, os cataláns inauguraban o marcador. Marc Gual, tras recibir un pase de Reinaldo García, anotaba o 1 a 0. O segundo dos culés non tardou en chegar, por mediación de Pablo Álvarez. Antes do descanso, Raúl Marín e Matías Pascual ampliaban a vantaxe para os blaugrana (4 a 0).

 

O domino dos barcelonistas foi esmagador no primeiro tempo. Á volta do descanso, os galegos lograron reter durante preto de seis minutos o vendaval azul e grana. Porén, non puideron impedir que Sergi Panadero marcase o 5 a 0. Pouco podía facer o CP Cerceda ante a efectividade ofensiva do Barça. Matías Pascual e Pablo Álvarez serían os autores do sexto e sétimo tanto local.

 

A falta de nove minutos para o final, Gonzalo Pérez anotaría o primeiro gol dos albivermellos (7 a 1). Porén, os barceloneses tiñan fame de gol e, no minuto 42, Xavi Barroso sería o encargado de anotar o oitavo. Acurtaría distancias o Cerceda a falta de algo máis de 2 minutos para a conclusión mediante o gol de Juan Fariza, se ben un minuto despois Raúl Marín anotaba o 9 a 2 definitivo. Duro correctivo para o CP Cerceda na xornada previa ao derbi ante o HC Liceo.

O FC Barcelona abusa do CP Cerceda

Foto de Víctor Salgado-FCB

Imaxe cedida polo CP Cerceda

bottom of page