x
g d
Xornal
GALDEPORTE
1 de Decembro de 2013
Excepcional pode ser o termo adecuado para definir o bo comezo da temporada do Básquet Coruña.
Os galegos enfrontábanse esta tarde ao filial do FC Barcelona un rival que, malia ser o pechacancelas da categoría, puxo as cousas moi difíciles para os herculinos. Os cataláns non cederon no primeiro cuarto e, malia o domino do Básquet Coruña (chegou a vencer por 4 a 14), o primeiro cuarto finalizaría con tan só 4 puntos de vantaxe para os visitantes.
No entanto, no comezo do segundo período os coruñeses demostraron o seu potencial, e incluso chegaron a acumular unha vantaxe de +14 (15 a 29). Non obstante, un parcial de 11 a 3 permitíalle aos culés chegaren vivos ao descanso (26 a 32).
Mais Ogirri estaba inspirado, diso non cabe dúbida. O seu acerto exterior fou determinante para que, ao final do terceiro cuarto, o Básquet Coruña tornase ao 14 puntos de diferenza favorable (40 a 54).
Malia todo, a vitoria non estaba aínda servida para os de Tito Díaz, pois nos últimos dez minutos tiveron que aturar as acometidas barcelonistas que, cun parcial de 26 a 18 no derradeiro cuarto, acurtaban as distancias até os 6 puntos (66 a 72). Con todo, os seus esforzos non deron resultado, feito que provoca que o Básquet Coruña se sitúe na terceira praza da clasificación da LEB Ouro, empatado cos dous primeiros, o Andorra e o Palencia.
O Básquet Coruña gaña de novo
