x
g d
Xornal
GALDEPORTE
6 de Novembro de 2013
Mala sorte para o Básquet Coruña nesta décima xornada da liga LEB Ouro, na cal os coruñeses apañaron na casa ante o Planasa Navarra a súa terceira derrota.
Non foi, con todo, o desta noite o mellor arranque de partido dos herculinos. Os visitantes saíron moi motivados, decididos polo partido, fulgurantes; feito que ao final do primeiro período lles outorgaba unha vantaxe de 7 puntos (16 a 24). O Básquet Coruña semellaba durmido, e os navarros non desaproveitaron a oportunidade. Ao descanso, o resultado xa era de 30 a 45.
Na segunda metade, no entanto, o conxunto galego mostrou outro aspecto. Cunha maior efectividade defensiva, conseguía un parcial de 12 a 10 no terceiro cuarto que lle permitía chegar ao período definitivo cunha diferenza de -13 (42 a 55). A partir deste momento, o Básquet Coruña explotou a súa reacción, e incluso chegou a ir por diante no marcador a falta de poucos segundos para a finalización do encontro (65 a 63). Porén, unha tripla de Bitinas producida cando só restaban 30 segundos para o remate do choque condenou aos coruñeses á derrota (65 a 66).
Ao final do encontro o adestrador do básquet Coruña, Tito Díaz, declarou: “Xa non somos sorpresa... Os equipos veñen para gañar a Riazor... Precisamos do público”. Esperemos que a xornada que vén, ante o Andorra, o conxunto herculino goce de maior fortuna.
O Básquet Coruña perde por 1 punto
