x
g d
Xornal
GALDEPORTE
8 de Novembro de 2013
Importante vitoria do Básquet Coruña a acadada esta noite en Riazor ante o Força Lleida en partido correspondente á sexta xornada da liga LEB Ouro.
Os locais dominaron o encontro desde o primeiro cuarto (o cal se saldou con marcador de 25 a 11) e impuxeron o seu ritmo na primeira parte, grazas en parte ao valor do acerto ofensivo de Haampa e do galego Mario Cabanas.
Ao descanso chegaron os coruñeses cunha vantaxe de 12 puntos (42 a 30). Porén, no terceiro cuarto presenciamos a reacción visitante. No minuto 27 os galegos vencían por 57 a 43, mais cun parcial de 11 a 3 os cataláns recurtaban diferenzas a 4 puntos á fin do terceiro acto e dábanlle suspense ao desenlace do encontro.
Ao inicio do terceiro cuarto, o Lleida continuaba a buscar a vitoria, e o resultado seguía apertado. Porén, a falta 5 minutos os herculinos lograban distanciarse no marcador até os 10 puntos de vantaxe. Á conclusión, o electrónico de Riazor marcaba 82 a 71.
O Básquet Coruña suma desta forma 4 vitorias en 6 e, como a temporada pasada, parece firme candidato a lograr a permanencia.
O Básquet Coruña vence ao Lleida

Mario Cabanas