x
g d
Xornal
GALDEPORTE
4 de Novembro de 2013
Que ninguén pense mal. Non existe nin a máis mínima intención de Beckenbauer de criticar a Guardiola. Ao contrario. O mítico futbolista alemán está encantado co labor do técnico catalán á fronte fo Bayern de Múnic. Si, Franz Beckenbauer dixo que "Guardiola é como un home obsesionado", mais logo explicou a causa das súas declaracións: "é obsesionado, mais no bo sentido. Se nalgún momento ve algo que non lle convence, porá todo da súa parte para corrixilo".
Beckenbauer alaga o traballo de Guardiola mais tamén especifica: "as condicións de traballo aquí [no Bayern de Múnic] para un técnico son ideais".
Sinala ao Borussia Dortmund como posible favorito:
Alén do traballo de Guardiola, Beckenbauer falou igualmente da Bundesliga. Na súa opinión, este ano o Bayern volverá ter un fero competidor no Borussia Dortmund. "Se observas o plantel e as habilidades do Dortmund daste conta de que son perfectamente capaces de acadar o título de liga", declara o alémán.
Fonte: goal.com
Beckenbauer: "Guardiola é como un home obsesionado"

Pep Guardiola