x
g d
Xornal
GALDEPORTE
4 de Decembro de 2013
Hoxe, a Euroliga fixo pública na súa páxina web a noticia relativa a que os xogadores do Olympiacos BC Mirza Begic e Georgios Printezis, e Mensah Bonsu do Galatasaray, foron multados por un xuíz disciplinario independente desta competición por mor do vergoñento espectáculo sucedido durante o encontro disputado entre ambos os equipo so pasado xoves 28 no Estadio da Paz e da Amizade do Pireo (Atenas), o cal se saldou con resultado de 72 a 54. Durante o desenvolvemento do partido, tal e como se pode apreciar no vídeo que ofrecemos abaixo destas liñas, produciuse unha liorta na cal estiveron implicados os tres xogadores.
Unha vez estudado o caso, e amparándose no parágrafo (a) do artigo 26.1 do Código Disciplinario da Euroliga, o xuíz decretou unha suspensión de catro partidos para Begic (acompañada dunha sanción pecuniaria de 15000 €) e tres partidos de inhabilitación para Printezis e Mensah Bonsu (con respectivas multas de 10001€ par acada un dos xogadores).
Así mesmo, o Olympiacos será castigado con catro multas pola agresión dun membro do público a un xogador (10001€), polo uso de fogos de artificio (6000 €), pola utilización de punteiros láser (8000 €) e por incidentes do público e lanzamento de obxectos á cancha (15000 €). Igualmente, o próximo encontro do equipo heleno en competición europea xogaras ea porta pechada.