x
g d
Xornal
GALDEPORTE
7 de Novembro de 2013
Mala sorte para o Vitória de Guimarães, que tivo que ver como se lle escapaba o empate no minuto 93 de partido.
Os andaluces dominaron o encontro, puxeron ocasións, mais tropezaron cunha gran defensa dos portugueses. Cando todo parecía que ía quedar en táboas, Manuel Jesús Vázquez Florido “Chuli” recibía un pase do ex deportivista Verdú e, de disparo cruzado, batía a meta lusa e dáballe a gañancia ao Betis.
Sevilla vs Slovan Liberec:
Pola súa parte, o Sevilla empatou a 1 no Sánchez Pizjuan ante o Slovan Liberec. Avisaron primeiro os visitantes, mercé a un testarazo de Rabusic que marchou fóra. Porén, no minuto 28 Perotti anotaba o 1 a 0, co cal se chegaba ao descanso.
No segundo tempo, o Sevilla procurou o segundo con insistencia, mais no minuto 71 Pavelka empataba o encontro grazas a un disparo desde fóra da área.
Betis gaña, Sevilla empata
