x
g d
Xornal
GALDEPORTE
16 de Novembro de 2013
Despois dunha mala xeira de resultados, o BM Cangas volveu ao camiño do triunfo. Fíxoo na casa, ante o Ciudad Encantada de Cuenca, por unha diferenza de catro goles.
Se ben nos minutos iniciais os visitantes lograban un parcial de 0 a 2, pronto os galegos neutralizaron esta vantaxe. Na primeira parte ambos os equipos exhibiron un nivel moi parello, e desenvolveuse cun continuo intercambio de goles. Ao descanso, chegouse co marcador de 13 a 14.
Os minutos iniciais do segundo tempo seguiron a mesma tónica. A partir do minuto 40, os galegos lograban un parcial de 5 a 0, contestado por outro dos visitantes de 3 a 0. O BM Cangas mantiña a vantaxe no marcador, e no minuto 55 gañaban por 2 goles (25-23). Ao final os cangueses, comandados en ataque por Adrián Rosales (con 7 tantos foi o máximo goleador do partido) levaban o encontro por 29 a 25.
O BM Cangas retoma o camiño da vitoria

Adrián Rosales