x
g d
Xornal
GALDEPORTE
20 de Novembro de 2013
O dianteiro do FC Barcelona, Leo Messi, recibiu hoxe o premio ao máximo goleador da temporada 2012-13 en Europa, a Bota de Ouro. Con 46 dianas, superou os 34 tantos de Ronaldo e os 29 de Cavani, e consagrouse como o máximo artilleiro das ligas europeas. Porén, despois de recibir o premio da man do búlgaro Hristo Stoichkov, o astro arxentino manifestou: "A Bota de Ouro? Non é o meu obxectivo nin moito menos. Nunca o foi, nin cando estaba ben nin agora”. Estas declaracións deben contextualizarse na situación actual do xogador quen, despois de recibir críticas polo seu menor (nunca baixo) rendemento neste curso, permanece lesionado desde o pasado día 10. Por iso, para Messi “o importante é volver ben, fortalecer o corpo para que non me pase nada, para estar tranquilo”.
Esta é a terceira Bota de Ouro para o 10 culé, pois xa lograra conquistala na temporada 2009-10 e na 2011-12. Nesta última, acadou 50 goles, record absoluto de tantos na historia do galardón. Mais Messi teno claro, o mérito é do equipo: “son moitos os goles e eu só non o puiden conseguir. Sen os compañeiros non podería logralo nin desta vez nin da dúas anteriores”.
Messi: “A Bota de Ouro nunca foi o meu obxectivo”
