top of page

                                                                                                                                                                                                23 de Novembro de 2013

 

700 espectadores presenciaron esta tarde fútbol no Pavillón de Vista Alegre un espectacular derbi galego, no cal se enfrontaron o CD Burela e o Ponte Ourense FS.

 

No minuto 2, Souza adiantaba ás visitantes, se ben o seu tanto foi contrarrestado no 13 polo tanto de Peque. No entanto, as ourensás non baixarían os brazos, e no e no 20 Anita puña o 1 a 2 co que se chegou ao descanso.

 

Ao comezo do segundo tempo, Maite lograba o empate para o CD Burela, e no 26 Lara conseguía o tanto da remontada (3 a 2). Non obstante, as visitantes demostraron a súa valía ante as campioas de liga. Souza marcaba por partida dobre, e adiantaba ao Ponte Ourense FS (3 a 4).

 

Todo quedaba preparado para un final de infarto, e aínda máis despois de que Lara lograse no minuto 36 un novo empate (4 a 4), un empate que lle facía xustiza á igualdade do derbi. Porén, a falta de 50 segundos para o final, o equipo arbitral sinalou un penalti a favor do CD Bulera, o cal sería transformado por Peque. Chegábase así ao 5 a 4 definitivo. As laranxas demostraban deste xeito a súa autoridade ante un digno rival.

 

Gaña o feminino, cae o masculino:

 

Pola súa parte, o conxunto masculino do CD Burela caeu esta tarde en Xaén ante o Paraíso Interior por 4 goles a 0, todos eles producidos no segundo tempo. Sergio García, Yoni, Miguelín e Lolo Jarque condearon aos galegos á súa cuarta derrota na LNFS.

 

 

 

O Burela leva o derbi do fútbol sala feminino

Peque

bottom of page