top of page

                                                                                                                                                                                                                   2 de Novembro de 2013

 

O Pavillón de Vista Alegre de Burela viviu esta tarde un gran partido dos locais. O CD Burela derrotou ao Montesinos Jumilla na casa por 2 a 0, e con 14 puntos escala na clasificación até a sexta posición, un posto por diante do seu rival de hoxe.

 

Os bureláns tiveron o balón, dominaron o xogo, acosaron a porta rival e, cun pouco máis de fortuna en ataque, o resultado puido ser outro. Cumpríanse 2 minutos de partido cando o CD Burela anotou o primeiro tanto, obra de Hugo. Aínda no primeiro tempo, no minuto 15, Pizarro (xogador do Jumilla) tivo a mala sorte de anotar un gol en propia meta que ampliou a vantaxe para os galegos e puxo o definitivo 2 a 0.

 

Nos seguintes minutos o marcador non se moveu, malia as ocasións dos locais, moitas veces desbaratadas pola boa actuación do porteiro rival Yeray. Tamén o Jumilla dispuxo dunha oportunidade clara nun lanzamento desde os 10 metros no minuto 16. No entanto, finalmente o CD Burela conseguiu unha valiosa e xusta vitoria.

 

 

O Burela vence con solvencia ao Jumilla

Seareiros do CD Burela

bottom of page