top of page

                                                                                                                                                                                                23 de Novembro de 2013

 

Unha vez máis, os dous equipos galegos da Superliga Masculina de Voleibol caen derrotados.

 

Os lugueses do Emevé Élide, despois de gozar a semana pasada da xornada de descanso, recibiron na casa ao quinto clasificado, o Ibiza Voley. Os galegos apenas tiveron opcións ante un rival que levou o encontro en tres sets. Nos dous primeiros, os visitantes venceron co solvencia (18 a 25 e 16 a 25). No terceiro encontramos máis igualdade, sen que por iso puidesen achegarse no marcador (20 a 25).

 

Pola súa parte, o Club Vigo Voleibol caeu en Coia por idéntico resultado ante o terceiro clasificado, o Vecindario. Os vigueses foron quen de disputar o primeiro set, ao final do cal se chegou co resultado de 23 a 25. No entanto, os galegos esfondáronse no segundo, no cal levaron un duro correctivo (13 a 25). O derradeiro acto caeu igualmente do lado dos canarios, por 20 a 25.

 

Desta forma, o Emevé Élide permanece noveno na clasificación da Superliga Masculina de Voleibol, mentres que o Club Voleibol Vigo ocupa, unha semana máis, a undécima e derradeira praza

Caen Emevé Élide e Club Vigo Voleibol

bottom of page