x
g d
Xornal
GALDEPORTE
5 de Decembro de 2013
Se o sábado os amantes das artes marciais en Galiza teñen cita en Ourense, o domingo (a partir das 10:00 horas) centrarán as súas miradas en Sada, concello en que terá lugar o próximo día 8 o Campionato Galego de Taekwondo de Combate.
Se ben non poderá asistir Lúa Piñeiro por se encontrar nesa data no CAR de Barcelona, encontraremos neste torneo aos máis sobranceiros deportistas do taekwondo galego actual. Medallistas estatais e internacionais como Laura Lorenzo (bronce no mundial universitario e campioa de España Universitaria), Katia Calvar (campioa de España universitaria e subcampioa de España sénior no 2012), Borja Ríos (bronce no mundial Universitario 2012) ou Juan Fernández (campión de España sénior 2012) acudirán a Sada, ao igual que os 99 participantes restantes, na procura do triunfo.
Deste Campionato Galego de Taekwondo sairá a elección dos integrantes na selección galega para o Campionato de España.
Sada albergará o Campionato Galego de Taekwondo de Combate
