x
g d
Xornal
GALDEPORTE
8 de Decembro de 2013
Na xornada de hoxe celebrouse en Sada o Campionato Galego de Taekwondo de Combate. No apartado masculino absoluto, na categoría "galo" Nicolás Pérez Pampín derrotou na final a Luís Reiriz González. O titulo de campión de Galiza na categoría “lixeiro” recaeu en Raul Bouzas (con prata para Xián Silva Pazos), mentres que na categoría de “medio” o vencedor foi Pablo Fernández Eiras (con prata para Francisco Javier Sieira). Adrián Jiménez dos Santos impúxose a Miguel Martínez Muras na final de “minimosca”, e Borja Ríos Cortegoso fixo o propio na de “mosca” ante Miguel Ángel Cortegoso Estonllo. O vencedor na categoría de “pesado” foi Ángel Lema Alvite, mercé ao feito de superar a Eugenio Barral Prieto na final. Manuel Parada Martínez venceu no combate final de “pluma” a Salvador González Banga, mentres que Ángel Parada Martínez derrotou a Fernando Rascado Ríos na final do “superlixeiro”.
No apartado feminino, Gaila Fernández Mariño proclamouse campioa ao superar na final de “galo” a Marta Iglesias Trigo. Katia Calvar puido con Lara Oubiña na final de “lixeiro”, ao igual que Tania Gándara con Ainhoa Boubeta na de “medio”. Na categoría “minimosca”, o título recaeu en Sara Cortegoso Lima (con prata para Laura Lorenzo Amoedo) e na categoría “mosca” en Beatriz Parada Enríquez (con prata para Leyre Arbizu Viñas). Na final de “pesado” Sabela López Riobo superou a Carla Balado Conde, e na “pluma” Laura Dosil fixo o propio con Ainara Brión. Laura Centoira proclamouse, finalmente, campioa galega de “superlixeiro”.
En relación á clasificación por clubs, o Natural Sport de Ribeira foi o primeiro clasificado con 55 puntos, ao igual que no apartado masculino (42). No feminino, con 14 puntos, o mellor club foi o Patiño-Moaña.
Xa temos campións galegos de taekwondo
