x
g d
Xornal
GALDEPORTE
19 de Novembro de 2013
Hoxe soubemos pola axencia de noticias Europa Press que Carlos Sainz definitivamente si volverá á competición oficial. Farao no Dakar (proba na que se retirou) da man de Red Bull aos mandos dun buggy deseñado polo propio piloto e por Philippe Gache, manager do Red Bull SMG Rally Team. Trátase dun vehículo que esperta boas vibracións en Sainz, e no cal traballou moi duro nos últimos meses coa intención de identificar e rectificar erros.
Sainz, campión do mundo de rally nos anos 1990 e 1992, e campión do Dakar en 2010 con Volkswagen, retirarase da competición en 2011, se ben en Novembro do ano pasado xa anunciara o seu regreso. O seu copiloto será Timo Gottschalk. Ambos os dous compartirán equipo cos franceses Ronan Chabot e Gilles Pillot.
Carlos Sainz voltará ao Dakar
