top of page
x
g d
Xornal
GALDEPORTE
22 de Novembro de 2013
O noruegués Magnus Carlsen, de 22 anos, vén de se proclamar campión do mundo de xadrez na cidade india de Chennay, tras derrotar ao anfitrión e defensor do título Viswanathan Anand.
Despois da vitoria de onte, o aspirante lograba conducir a final ao seu terreo. Hoxe, a décima partida, de case cinco horas (65 movementos) finalizou en táboas, circunstancia que lle deu o título, Carlsen conseguía coroarse como o campión do xadrez mundial.
Ofrecemos a partida íntegra no seguinte vídeo:
Carlsen, campión do mundo

bottom of page