x
g d
Xornal
GALDEPORTE
7 de Xaneiro de 2014
O pasado día 29 de Decembro o heptacampión de Fórmula 1, Michael Schumacher, dáballe un bo susto a toda a comunidade deportiva por mediación dun grave accidente padecido mentres estaba a practicar esquí na estación de Méribel, nos Alpes franceses.
Naquela ocasión, o piloto alemán salvou a vida grazas ao uso de casco. Hoxe, este mesmo obxecto volve ser noticia, xa que segundo informa o medio francés Le Dauphine Libéré, a cámara que portaba o casco captou imaxes que poderían axudar a esclarecer os feitos e que, en consecuencia, poderían ser utilizadas polos investigadores. Desta forma, quizais mercé a esta imaxe sexa posible o cálculo da velocidade á que ía naquel momento o piloto máis laureado da historia da Fórmula 1. Lembremos sobre este particular que a Fiscalía e a policía francesa están a estudar a causa do accidente coa finalidade de depurar responsabilidades.
O casco de Schumacher, clave na investigación
