x
g d
Xornal
GALDEPORTE
10 de Novembro de 2013
Está claro que o temporadón que está realizar o Básquet Coruña non pasa desapercibida para ninguén. A calidade do galego Jesús Castro, tampouco. Por iso, unha semana máis o ferrolán entra no quinteto ideal da LEB Ouro, grazas aos 22 puntos de valoración obtidos a semana pasada ante Planasa Navarra. Nese encontro, Castro anotou 16 puntos, capturou 3 rebotes e deu 3 asistencias.
No quinteto ideal da LEB nesta semana tamén encontramos a outro xogador dun conxunto galego, o pivote holandés Roeland Schaftenaar, que contribuíu con 14 puntos, 9 rebotes, 2 asistencias e 1 recuperación á malleira do CB Breogán ao Melilla.
O base Albert Sàbat (do Burgos) con 28 puntos e 2 asistencias e 30 de valoración; o aleiro Marc Blanch (do Andorra) con 27 puntos e 1 rebote 23 de valoración e ala-pivote Zimmy Nwogbo (do Clavijo) con 20 puntos, 6 rebotes, 2 asistencias, 2 recuperacións, 1 tapón e 25 de valoración conformaron o resto do quinteto ideal.
Castro e Schaftenaar, no quinteto ideal da LEB

Castro (esquerda) e Schaftenaar (dereita)