top of page

                                                                                                                                                                                                                   3 de Novembro de 2013

 

A xornada de hoxe deparounos dous derbis galegos e mais o encontro do Celta B co Caudal. Vexamos agora o que deron de si os tres partidos.

 

CD Ourense vs Coruxo:

 

O campo de fútbol do Couto albergou o derbi do Sur da xornada de hoxe, no cal resultou vencedor o equipo local. Desde o principio, os vermellos dominaron o partido, e aos 5 minutos de xogo Iker Alegre abriu o marcador para os ourensáns. Mais o Coruxo non era convidado de pedra, e achegábase en ocasións á meta do Ourense, principalmente en sitaucións a balón parado. No minuto, 30 de encontro, mercé a un penalti, Besada transformou o 1 a 1 co que se chegou ao descanso.

 

Mais como di o proverbio, pouco dura a alegría na casa do pobre (deportivamente falando, claro). Na segunda parte, os vermellos marcaron o ritmo do partido e ampliaron o resultado ao 3 a 1 definitivo mercé aos goles de Gustavo Souto e Álex Fernández.

 

Racing de Ferrol vs SD Compostela:

 

Na malata, ás 17:00 horas, xogouse o Racing de Ferrol vs SD Compostela. Os visitantes, moi activos no comezo do encontro, adiantáronse no marcador mercé a un tanto de Yavhé, co cal se chegou a descanso tras unha primeira parte moi igualada. Na segunda parte, un gol de Peláez e outro de Borja permitíronlle aos demos verdes darlle a volta ao resultado (2 a 1). O Compostela intentou nos minutos finais con fereza o empate, mais os seus esforzos non chegaron a bo porto.

 

Celta B vs Caudal:

 

Ás 12:00 horas o Celta B enfrontouse ao Caudal. Adiantáronse os celestes no marcador mercé ao tanto Borja Fernández no minuto 17, contestado no 24 polo tanto de Borja para o Caudal (1-1). No minuto 28, outra vez anotaba Borja Fernández (2-1), marcador co se chegaba ao descanso.

 

Na segunda metade, Domenech chegou a empatar o encontro no minuto 70, mais dous goles de Thaylor (no 82 e 89) puxeron o 4 a 2 definitivo.

 

Os galegos na clasificación:

 

2.º CD Ourense

6.º Racing de Ferrol

7.º Celta B

10.º SD Compostela

15.º Coruxo

 

Celta B, Racing e Ourense, OK; Compostela e Coruxo, KO

bottom of page