top of page

                                                                                                                                                                                                                28 de Novembro de 2013

 

O CP Cerceda visitará este domingo ás 16:00 horas o Palau Blaugrana, e intentará o asalto á casa do líder invicto da OK Liga, o FC Barcelona. No entanto, o FC Porto xa demostrou na Champions League que os cataláns non son invencínles, pois caeron derrotados no pasado sábado no Estádio do Dragão por 6 goles a 2.

 

Con todo, os galegos, que contan coa baixa de Martín Payero, son conscientes do potencial ofensivo dos culés (levan 56 tantos en 7 encontros), e polo tanto centrarán os seus esforzos en deter os efectivos ataques blaugranas.

 

Ademais, Juan Copa, técnico dos albivermellos, sinala un dato interesante cando declara: “imos saír sen ningún medo, intentando controlar o seu contraataque que é moi perigoso e tendo en conta que eles están obrigados a gañar, pero nós non”. Sen medo e sen presión viaxará o CP Cerceda a Barcelona onde, de seguro, nos ofrecerá unha das súas mellores versións.

 

O HC Liceo recibe ao CH Lloret:

 

Pola súa parte, o HC Liceo recibirá en Riazor o sábado ás 20:15 horas ao CH Lloret. En principio, o segundo clasificado non habería de ter problemas para superar na casa a un conxunto que suma 1 vitoria e 2 empates en 7 xornadas. Aínda así, de seguro que os coruñeses irán polo partido desde o principio, agardando un favor dos cercedenses que lles permita reducir distancias co líder.

O CP Cerceda, a punto para o Palau

bottom of page