x
g d
Xornal
GALDEPORTE
5 de Decembro de 2013
Desde a temporada 2009/10 os galegos careciamos de derbi na OK Liga. Este sábado, ás 16:30 horas, ambos os equipos volverán enfrontarse, no González Laxe, na elite do hóckey sobre patíns estatal.
Nestes últimos anos pasaron moitas cousas. O CP Cerceda perdeu a categoría nesa mesma temporada 2009/10 e desvinculouse do conxunto herculino, pois até aquel momento era o filial liceísta. Agora, cunha boa cantidade de xogadores albivermellos con pasado no HC Liceo, os cercedeses chegan ao encontro invictos na casa e dispostos a demostrar o seu mellor nivel ante o campión de liga.
O Liceo, pola súa parte, afronta este derbi desde a segunda posición da táboa clasificatoria, cunha xeira de 6 partidos gañados e a 5 puntos de distancia do líder, o FC Barcelona.
Será este un duelo fratricida no plano xeral, mais tamén de rivalidade para os irmáns Pérez. Toni Pérez e Gonzálo Pérez, xemelgos e dianteiros respectivamente do Liceo e do Cerceda, estarán fronte a fronte por primeira vez na temporada.
O derbi promete emoción e espectáculo. Esperemos que as expectativas se cumpran.
CP Cerceda e HC Liceo preparan o derbi
