top of page

                                                                                                                                                                                                                    8 de Decembro de 2013

 

Esta tarde, a SD Compostela recibiu no Estadio de San Lázaro á SD Noja, pechacancelas do grupo primeiro da Segunda B.

 

Os galegos dominaron o encontro no apartado do xogo e mais no apartado das ocasións, mentres que os visitantes permanecían pechados atrás, excesivamente dependentes do acerto do meta Rafa. O Compostela, no primeiro cuarto de hora de encontro, chegaba con frecuencia á área rival, mais con ocasión que apenas revestían perigo. No minuto 17 Nacho, xogador do Noja, puña a proba a Lorenzo. No entanto o choque estaba dominado polo conxunto local, e nos minutos seguintes a piques estivo Joselu por dúas veces de inaugurar o marcador.

 

Os cántabros non estaban a procurar o gol, mais aínda así achárono no minuto 35, cando Nacho aproveitou un erro defensivo da escuadra compostelanista. Pouco despois, o colexiado sinalaría un penalti a favor dos pichileiros, que transformaba Joselu para o empate a 1.

 

A segunda metade non padeceu alteracións na dinámica de partido respecto á primeira. Germán e, sobre todo, Joselu, dispuxeron de varias oportunidades de gol, mais non acharon fortuna en ningunha delas. O marcador non se movía na segunda parte, e o encontro finalizaba en táboas.

O Compostela empata co pechacancelas

bottom of page