x
g d
Xornal
GALDEPORTE
17 de Novembro de 2013
SD Compostela e Real Oviedo asinaron táboas esta tarde no Estadio Carlos Tartiere. O Compostela saíu moi activo e, de feito, adiantáronse no marcador na primeira metade. Peláez realizaba un pase en profundidade que aproveita Joselu, desmarcado, para realizar de cano o primeiro gol. Porén, aínda na primeira parte, empatarían os locais (1-1) nunha xogada desafortunada dos galegos baseada nun erro defensivo. Manu Rodríguez dispuxo dunha moi boa ocasión antes do descanso, mais o disparo non encontrou a rede.
Porén, a igualada non lle afectou negativamente aos composteláns, que seguiron a buscar a meta rival, malia a expulsión de Fredi no segundo tempo por dobre cartón amarelo. Esa foi a tónica do partido. Mais o traballo da Esedé non recibía o premio merecido.
Á volta do intermedio, o Compostela dispuxo de varios saques de esquina, mais por mala fortuna ningún deles valeu para acadar o gol da vitoria.
O Compostela empata no Tartiere

Joselu