top of page

                                                                                                                                                                                                                    9 de Decembro de 2013

 

Era un segredo a voces a identidade dos tres finalistas candidatos á obtención do Balón de Ouro. Lionel Messi, Frack Ribéry e Cristiano Ronaldo serán, pois, os tres aspirantes á consecución do cobizado premio.

 

Alén da rivalidade da candidatura dos tres futbolistas, como vén sendo costume, nesta edición instaurouse a disputa entre os clubs aos que pertencen os ditos xogadores. FC Barcelona e, sobre todo, Real Madrid e Bayern de Múnic levan, desde Novembro, centrados na consecución do ansiado galardón para os seus respectivos dianteiros. O próximo día 13 de Xaneiro, saberemos o nome do vencedor. Saberemos, entón, se Messi consegue o quinto (pois foi o vencedor das edicións de 2009, 2010, 2011 e 2013), Cristiano Ronaldo o segundo (xa conquistara o Balón de Ouro en 2008, cando pertencía á disciplina do Manchester United) ou se, en cambio, Ribéry logra o primeiro.

 

Nominados ao Premio FIFA 2013:

 

Por outra parte, coñeceremos tamén o día 13 do mes vindeiro a identidade do vencedor ao Premio FIFA 2013. Hoxe soubemos que os tres finalistas son Alex Ferguson (antigo adestrador Manchester United), Jupp Heynckes (adestrador a pasada campaña do Bayern de Múnic) e Jürgen Klopp (adestrador do Borussia de Dortmund).

Confirmouse o segredo a voces

bottom of page