top of page

                                                                                                                                                                                                                     8 de Xaneiro de 2014

 

Parece claro que o futuro de Juan Emmanuel Culio está máis lonxe que preto da Coruña. O Al Wasl de Dubai, conxunto dirixido por Héctor Cuper, está interesado na súa contratación, e o xogador parece conforme. As negociacións, polo tanto, xa están avanzadas.

 

O arxentino semella que desexa acelarar a súa marcha canto antes, e por iso está a presionar a súa saída. Culio non se presentou ao adestramento de onte, nin tampouco ao desta mañá. En declaracións á La Voz de Galicia o técnico branquiazul, Fernando Vázquez, manifestou que non se sentía sorprendido pola actitude do xogador, e ao mesmo tempo deuno por perdido. “Supoño que non vai quedar”, declarou.

 

O Al Wasl ofrécelle ao Deportivo polo xogador unha cifra próxima aos 300.000 € e, a Culio, unha ficha de 2.000.000 €. Sen dúbida, trátase dunha oferta tentadora, a cal non xustifica a falta de disciplina do xogador.

Culio presiona a súa saída

bottom of page