x
g d
Xornal
GALDEPORTE
20 de Novembro de 2013
A cidade arxentina de Rosario foi o escenario en que se presentou a edición do rally Dakar correspondente ao ano 2014. A proba, contará co seu punto de partida en Rosario o día 5 de Xaneiro, e terá a súa chegada en Valparaíso (Chile) o día 18 do mesmo mes.
O Dakar de 2014 presenta unha gran novidade, pois durante 5 etapas as motos e os coches terán un percorrido diferente. Desta forma, distínguese entre dúas categorías: por lado motos e quads compartirán itinerario, polo outro farán o propio os automóbiles e os camións. Con isto, os organizadores pretenden que os pilotos de motos e quads circulen por pistas máis técnicas e estreitas nalgunhas etapa e, ademais, permitirlle aos líderes da carreira de coches abrir pista sen ter por diante as pegadas das dúas rodas.
Finalmente, a proba constará de 13 etapas, e os equipos gozarán dunha xornada de descanso. Este é o calendario:
05/01/2014: Rosario - San Luis.
06/01/2014: San Luis - San Rafael.
07/01/2014: San Rafael - San Juan.
08/01/2014: San Juan - Chilecito.
09/01/2014: Chilecito - Tucumán.
10/01/2014: Tucumán - Salta.
11/01/2014: Descanso.
12/01/2014: Salta - Salta/Uyuni.
13/01/2014: Salta/Uyuni - Calama.
14/01/2014: Calama - Iquique.
15/01/2014: Iquique - Antofagasta.
16/01/2014: Antofagasta - El Salvador.
17/01/2014: El Salvador - La Serena.
18/01/2014: La Serena - Valparaíso.
Durante 5 etapas, os coches e as motos separados
