x
g d
Xornal
GALDEPORTE
12 de Novembro de 2013
O rapaz de 19 anos, David Torres, xogador do CP Cerceda, foi convocado polo selecionador español, Carlos Feriche, para disputar un partido amigable benéfico que terá lugar en Mieres o próximo día 4, no cal o equipo español se enfrontará na primeira parte ao CP Mieres e, na segunda, a un combinado de xogadores asturianos.
Malia que a columna vertebral da convocatoria, na cal tamén encontramos ao liceísta Toni Pérez, está composta por xogadores da sub 20, David Torres non oculta a súa satisfacción proporcionada pola posibilidade de debutar coa selección española absoluta.
David Torres convocado coa selección española absoluta

David Torres