top of page

                                                                                                                                                                                                                    4 de Decembro de 2013

 

Está claro que Augusto César Lendoiro non está a pasar polo seu mellor momento. Lonxe quedan xa aqueles tempos en que o presidente gozaba do respaldo da maior parte dos seareiros, socios e accionistas do Deportivo. Agora, xa poucos cren na súa xestión, nin na súa forma de levar a entidade.

 

Nesta liña apuntaba o luns José Ramón de la Morena no programa “El Largero” de Cadena Ser. Para De la Morena, a situación do Deportivo actual só ten un culpable, e ese é Lendoiro. De feito, chegou a asegurar que o de Corcubión non pode seguir á fronte do club herculino porque, coas súas prácticas dirixentes está a deixar o equipo “ao bordo da liquidación”.

 

Por iso, De la Morena sinala a Lendoiro como “máximo culpable” das vicisitudes branquiazuis. Ademais, referiuse a unha declaracións do presidente deportivista relativas a que o futuro del e da súa familia dependían do Depor. “O problema non é agora Lendoiro, que anda dicindo por aí que ten unha familia que sacar adiante. Mais, cómo? Á custa do Dépor?”, manifestou. Deste modo, referiu a súa conclusión de que “Lendoiro non pode seguir no Depor e, sobre todo, vivindo do Depor”.

De la Morena apunta a Lendoiro

bottom of page