top of page

                                                                                                                                                                                                                27 de Novembro de 2013

 

Xa falta menos para o derbi galego da Liga Adelante, no cal se enfrontarán o Deportivo e o CD Lugo. O encontro, que terá lugar en Riazor, chega cos dous conxuntos no alto da clasificación (primeiro e quinto, respectivamente) e promete moita emoción e espectáculo.

 

Para o deportivista Álex Bergantiños o Lugo é, xunto co Recreativo, “un dos rivais máis vistosos da categoría”, polo que agarda que o partido do sábado á 18:15 horas sexa “a festa do fútbol galego”.

 

Manu, o capitán do conxunto da cidade da Muralla, pola súa parte, destaca a fortaleza defensiva do rival, ao que definiu como “un equipo de Primeira que por circunstancias está na Segunda”. Igualmente, lembrou que hai uns anos “sería impensable” que ambos os conxuntos puidesen enfrontarse un partido de liga, e augurou que o encontro será disputado e bonito.

 

Tanto o Deportivo como o Lugo de seguro han ser fieis aos seus estilos, feito que nos crea a expectativa dun encontro apaixonado e agradable para o espectador. Esperemos que así sexa.

Deportivo e Lugo preparan o derbi

bottom of page