x
g d
Xornal
GALDEPORTE
12 de Novembro de 2013
Segundo a Axencia Estatal de Noticias (EFE), o equipo de fútbol que saca maior rendemento dos seus goles non é nin o FC Barcelona, nin o Real Madrid nin o Atlético de Madrid. Nin sequera milita na Liga BBVA. O equipo que maior rendemento saca dos seus goles non é outro que o Deportivo.
Segundo os datos de EFE, o Deportivo cada vez que anota un gol, se non consegue a vitoria, polo menos arrinca un empate. No que vai de temporada, os coruñeses nunca perderon cando marcaron, e só empataron a 1 no partido contra o Zaragoza. Con isto, levan unha media de 1’92 puntos por cada tanto.
Por outra parte, para chegar a esta situación influíu o feito de que os deportivistas, xunto co Alcorcón (que promedia 1'88 puntos por gol), son o equipo menos goleado (7 tantos en contra).
O Deportivo, o equipo que mellor rendemento saca dos seus goles
