top of page

                                                                                                                                                                                                                    6 de Decembro de 2013

 

O día de onte o mundo foi sobresaltado cunha lamentable noticia. Nelson Mandela, aos seus 95 anos, falecía despois de arrastrar cinco anos unha enfermidade infecciosa pulmonar. Aquel home que padeceu 27 anos de presidio político, que chegou a presidente de Sudáfrica, que acabou co Apartheid e que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1993; aquel home excepcional que supuxo un gran exemplo para moitos e que deixou unha fonda marca na humanidade. Ese foi Nelson Mandela.

 

O mundo do deporte non foi alleo a esta circunstancia. Por esta causa, en numerosos deportes se homenaxeará a Nelson Mandela. Desta forma, o presidente da International Rugby Board, Bernard Lapasset, anunciou na páxina web deste organismo que a familia do rugby renderalle tributo Mandela, declarou respecto del: “foi un home verdadeiramente notable. Tiven a honra de estar con el durante os días históricos de Rugby World Cup 1995 e puiden apreciar o seu impacto incrible na súa nación e o seu pobo. A súa sabedoría, intelixencia e pura presenza era unha marabilla de ver”.

 

Pola súa parte Joseph Blatter, presidente da FIFA, definiuno como “unha persoa extraordinaria, probablemente un dos máis grandes humanistas do noso tempo e un querido amigo meu”. O máximo organismo do fútbol mundial ordenará que, na próxima xornada de compromisos internacionais se garde un minuto de silencio e que as bandeiras estean a medio pau.

 

A Euroliga, pola súa parte, colocou na portada da súa páxina web unha fotografía do ex mandatario sudafricano acompañada dunha frase célebre súa: “O deporte ten o poder de cambiar o mundo... El ten o poder de animar. Ten o poder de unir a xente de forma que pouco máis fai. Fala para a mocidade nunha linguaxe que eles entenden. O deporte poden crear esperanza onde antes só había desesperación. El é máis poderoso do goberno na quebra de barreiras raciais”.

O mundo do deporte homenaxea a Mandela

bottom of page