x
g d
Xornal
GALDEPORTE
25 de Novembro de 2013
O base dos Chicago Bulls, Derrick Rose, non sae dunha para meterse noutra. Despois de sufrir varias lesións na temporada 2011/12 e de pasar a 2012/13 en branco por causa dunha delas, consistente nunha rotura de xeonllo, hoxe vén de recibir a noticia de que súa lesión de xeonllo padecida o venres durante o encontro que o seu equipo perdeu cos Portland Trail Blazzers, consistente nunha rotura de ligamentos, manterao afastado das pistas por toda a temporada. Con todo, o xogador foi operado da súa lesión con éxito, segundo publicou o club en twitter. Agardemos que, a campaña que vén, Rose teña mellor sorte.