x
g d
Xornal
GALDEPORTE
2 de Novembro de 2013
Final de altura para o Master 1000 da ATP de París neste ano 2013, que enfrontará aos número 2 e 3 do ránking da ATP: Novak Djokovic e David Ferrer.
No encontro entre españois, Rafael Nadal non puido facer valer o seu excelente momento de forma e caeu ante o número 3 do mundo, David Ferrer, cun marcador de 6-3, 7-5. O valenciano superou ao mallorquín en puntos de quebra de servizo salvados (6 de 7, un 86%) e conseguiu un 72% de acerto (36 de 50) en puntos de segundo servizo.
Na outra semifinal, Novak Djokovic venceu a Roger Federer nun vibrante partido a tres sets. O suízo logrou anotar no seu casilleiro o primeiro set (4-6), mais sucumbiu nos dous seguintes, sendo o resultado final: 4-6, 6-3,6-2. Foi un partido moi igualado, que decidiu o serbio ao seu favor mercé grazas á súa superioridade no apartado de puntos gañados en devolución do segundo servizo (18 de 30, un 60%).
Desta forma, Djokovic terá mañá a oportunidade de revalidar o título conseguido en 2009 e de recurtar diferenzas con Rafael Nadal, número 1 do ránking da ATP.
Grupos para o Master de Londres:
Por outra parte, este sábado tivo lugar no O2 de Londres o sorteo das Finais do Barclays ATP World Tour, que como cada ano enfronta aos oito mellores tenistas do mundo. Estes foron os emparellamentos:
GRUPO A:
Rafael Nadal
David Ferrer
Tomas Berdych
Stanislas Wawrinka
GRUPO B:
Novak Djokovic
Juan Martín Del Potro
Roger Federer
Richardt Gasquet
Djokovic vs Ferrer na final do Master 1000 de París
